Esta fin de semana a cidade cántabra de Castro Urdiales acolleu o LXXIV Campionato de España de Traiñeiriñas. O noso club estivo participando nas tres categorías (Xuvenil Masculino e Absoluta Feminina e Masculina) conseguindo as tres embarcacións a clasificación para a final sen moitas dificultades.
A xornada do domingo comezaba coa categoría Absoluta Feminina, onde a nosa embarcación saíu no cuarto carreiro. As nosas chegaron en cuarta posición á primeira ciavoga, mais remontaron ata a terceira posición que mantiveron ata o final da regata. Estas foron as únicas galegas no podio, completado pola Donostiarra e Deusto, en primeira e segunda posición respectivamente.
A final Xuvenil Masculina comezaba moi igualada. Tras facer a primeira ciavoga en cuarta posición e a segunda en quinta, a nosa embarcación remontou ata a terceira praza na última. Estes foron capaces de manter este ritmo ascendente ata o final da regata, rematando segundo a dous segundas da gañadora, Bueu.
Finalmente saíron as embarcacións da categoría Absoluta Masculina a competir. A regata transcorreu sen moita variación mantendo Santurtzi a cabeza de regata desde a primeira ciavoga, seguio de Zierbena e Cabo terceiro. A nosa tripulación finalizou en terceira posición.
Campionato histórico
Este campionato estatal foi histórico para o noso club ao ser a primeira vez que se conseguen medallas en todas as categorías. O noso club xa foi quen de clasificar as tres categorías en outras ocasións, mais esta foi a primeira vez que se conseguiu este fito.